• DOMUND 2025


    Misioneros de esperanza entre los pueblos
  • MEMORIA DE ACTIVIDADES 2024


    ¡Así fue nuestro año!
  • MEDITACIÓN DIARIA


    ¡Reza con nosotros por las misiones!
  • SUPERGESTO


    La revista para jóvenes, ahora en formato 100% digital

jueves, 1 de octubre de 2020

DOMUND 2020: AQUÍ ESTOU, ENVÍAME!


Queridos sacerdotes, comunidades relixiosas, profesores, colexios, catequistas e axentes de pastoral:

  O día 1 de outubro, festividade de Santa Teresa de Lisieux, patrona das Misións, daremos comezo ó mes de outubro, o noso entrañable mes misioneiro. No que tradicionalmente nos unimos na animación e sensibilización ca laboura misioneira da Igrexa en tantos lugares do mundo. Nos unimos espiritualmente e materialmente ós nosos misioneiros e misioneiras, cooperantes, movementos de voluntariado e congregacións.

   O día 29 de agosto a Congregación para Evanxelización e as Obras Misionais Pontificias  comunicaron oficialmente que se mantiña a celebración da Xornada Mundial Misioneira (Domund), que este ano corresponde co domingo 18 de outubro. Día no que as Delegacións de Catequese de Galicia nos invitan tamén a comezar o curso catequético.

  Un Domund totalmente distinto e máis online. Son moitos os colexios, aulas, familias concellos, parroquias que se atopan actualmente ou poden atoparse durante o mes en situación de confinamento ou restriccións sanitarias.  A pandemia do coronavirus nos impulsou en todos os organismos da Igrexa a difundir información e materiais mediante páxinas web, blogs e redes sociais. Dende as Obras Misionais Pontificias se está traballando para que todos teñamos un fácil acceso ós diversos materiais que nos axudan a preparar o Domund.

  Chegarán ás parroquias e colexios o cartel e revista Iluminare, pero este ano polas recomendacións sanitarias non podemos enviar sobres, estampas ou folletos para colocar e compartir na entrada dos templos ou colexios como noutras ocasións. O importante é que calquera párroco, catequista, profesor poida acceder ós materiais dende o ordenador ou teléfono móvil.

  Na páxina de OMP e este ano co lanzamento dunha web propia (domund.es) poderemos atopar todo tipo de materiais e recursos que outros anos enviábamos en papel e que nos poden servir para animar e traballar: folleto informativo, presentación da campaña, cartel, lámina, vídeos do domund e de testemuños de misioneiros, un vídeo sobre o papel dos misioneiros durante a pandemia, recursos educativos e formativos, propostas de actividades concretas para catequese ou clases de Relixión, a posibilidade de descargar as revistas misioneiras (Iluminare, Gesto e Supergesto), información sobre proxectos misioneiros cos que se está colaborando,  recursos para a oración cos nenos e nenas e celebración da Vixilia da Luz no fogar/Colexio/parroquia…etc.

 Por suposto que todo queda a disposición da vosa creatividade nos colexios e parroquias como viñemos facendo nestes meses. Dende OMP se propón que cada colexio ou parroquia poida organizar algunha oración/Eucaristía do domund, ter na capela do colexio esa semana o cartel e unha vela e adornos misioneiros,  organizar por cursos algunha oración ou vixilia da luz, algún xesto… podendo ser grabado ou fotografiado para facer como unha memoria do domund 2020. Cada párroco, profesor, catequista, sabe as posibilidades que ten e a realidade na que vive e traballa, por iso a creatividade misioneira para cada un será distinta, pero seguro que enriquecedora.

  Aproveito para darvos a todos as grazas no nome das Obras Misioneiras Pontificias polo voso compromiso, esforzo extraordinario, traballo de animación e por suposto polas colectas e axudas económicas do ano pasado 2019 ós territorios de Misión, colaborando cos proxectos misioneiros e humanitarios en tantos lugares do mundo. Estou á vosa total disposición para o que sexa preciso, ou posibles ideas que teñades en parroquias ou colexios e queirades compartir.

 Recibide unha forte aperta e o dexexo dun bo Domund.

Vigo 1 de outubro de 2020

     

Gonzalo Otero Martínez, Delegado Diocesano de Misións-Obras Misionais Pontificias

Telef. 677109068     gonzaloarcade25@gmail.com      

 

Delegación de Misións-OMP:

misionestuivigo@gmail.com       

telef. 986421835

 

Consulta:

www.omp.es

www.domund.es

misionestuivigo.blogspot.com

 

www.omp.es/recursos-domund-para-profesores/

 https://www.omp.es/prensa/

 

Onde entregar a colecta ou donativos para o Domund?

ES 66-2080-5000-64-3001955499 (//ABANCA)